07/03/24

Actividade interactiva de Formación de Usuarios. Nº 1

 Esta actividade axudarache a diferenciar os libros de consulta dos libros de literatura e as diferentes seccións que hai dentro dos libros de literatura.

23/02/24

Poesía para lembrar a Rosalía

 Imos a celebrar unha semana espectacular.

A de María Rosalía Rita de Castro

é unha semana para recordar.


Aqueles vellos tempos que nós gardamos,

aquelas poesías que non recordamos 

cando as queimaron.


Sabemos o que é morrer,

pero tamén soñar.

Si morres sen soñar,

morres desgraciado.

                                      Gael Lago Lema (4ºB)

10/02/24

Biblioteca escolar solidaria

Centros admitidos na modalidade de Voluntariado escolar Primaria para o curso 2023//24

😀Boas novas: 

A nosa biblioteca está admitida na convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias , na modalidade de  Voluntariado  primaria 2023/24. Todo isto é posible gracias a axuda do alumnado colaborador da biblioteca que nos axuda no tempo de recreo  no servicio de préstamo de libros e tamén   noutras actividades da Biblioteca .

MOITAS GRACIAS a os nosos axudantes  !!!!




12/01/24

Maleta viaxeira literaria : contos para un planeta

Dende o equipo de biblioteca queremos informaros da chegada da maleta literaria do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) 

 Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse.

Esta actividade forma parte do proxecto documental integrado (PDI) que ímos desenrolar este curso "Ecovida"

Animádevos a visitar a biblioteca  a coñecer o contido da maleta. 


                                              👇    Aquí podes ver o contido da maleta      







O alumnado axudante tamén colaborou no contacontos de libros da maleta do CEIDA.